olas!
El Raval é un barrio de Barcelona,,, resulta que ando por aquí, lonxe da terra, e por iso digo que colaboro con Boga desde a distancia.
O ano pasado estiven no meollo do colectivo de Compostela, e a verdade é que as rapazas que andan neste mundo das reivindicacións son (somos..jeje) moi boa xente, e DE TODAS AS IDADES!!
, novas como de 22, 23, (18, creo) ata de 40. PEro polo xeral, cando menos en Compostela, somos bastante noviñas.
Organízanse ciclos de cine, algunha que outra charla-conferencia, festas!! e moi boas por certo: teñen mogollón de éxito e saen lesbianas de debaixo das pedras!
Agora están a tope co da marcha mundial das mulleres, que se celebra en Vigo este ano (a que se vai cocer alí!!) e o Orgullo, que este ano promete moitísimo despois do exitaso do do ano pasado! para este 28 de xuño xa andarei por terras galegas, e alí vos quero ver!!
non se me ocorre moito máis... resulta que estou de resaca e teño as neuronas bastante adormilladas... ai, que malll
en fin. como di a compañeira de Vigo (por certo, coñezo a Bea de RST e aos rapaces, que non me lembro dos seus nomes!), merece a pena estar en contacto cos colectivos e participar das súas propostas, pq, ademáis de coñecer a rapazas e rapaces dos que despois saen amigos e amigas (...), tamén che axuda en moitas cousas persoais, se o precisas.
Ale, por hoxe xa chega!
biquiños a todas desde aquí!
Led